viernes, 4 de septiembre de 2009

LIBERDADE ARENAS



No podemos callar. No, los comunistas no podemos callar lo que este estado burgués lleva haciendo con Manuel Pérez Martínez, Camarada Arenas, Secretario General del PCE(r). De los últimos 30 años, lleva 17 encarcelado. Prisionero con Franco, con Suárez, con González, con Aznar y ahora con Zapatero. La presunción de inocencia liquidada, e incluso con la retroactividad de las leyes. La ausencia de pruebas tan sólo es un pequeño detalle sin la más mínima importancia. Un montón de sumarios archivados por falta de pruebas, unos cuantos más con resultado de absolución, tanto les da. El último capítulo de este esperpento criminal es la anulación que el Tribunal Supremo, en abril de este año, hacía de una sentencia absolutoria de la Audiencia Nacional de hace un par de años. Condenan a Arenas a 7 años por «no denuncia y omisión de delito». Tan evidente es el despropósito legal que un magistrado participante en la farsa se vio obligado a emitir un voto particular contra el fallo: «Mi discrepancia con la mayoría se funda: a) en que los hechos descritos en la sentencia de instancia, no sólo no prestan base a la hipótesis acogida en la sentencia de casación, sino que incluso contienen elementos que abiertamente la contradicen; y, b) en que esa hipótesis no fue llevada a juicio con sus propios términos. Por todo, no cabe hacerla valer sin que padezcan el principio acusatorio y otros principios». Una auténtica vergüenza de sentencia que no es más que otro crimen contra lo proletariado.«Aislad a este hombre. Defiende con fanatismo su dignidad. Es peligroso». Así escribía el propio Manuel en el clandestino verano de 1990. Es este el cierne del problema. Estamos ante una persona comprometida con el comunismo que, en su ya dilatada vida política, no renunció ni una miga a los ideales revolucionarios. Que no descendió por los traidores escalones del revisionismo. Que nunca se vendió ni vendió a los suyos. Que jamás agachó la cabeza ante el enemigo de clase. A pesar de estar enfermo (sin recibir el tratamiento que precisa), Manuel no cede. Tiene el corazón como el acero. Como el acero que el obrero golpea en el astillero.Hace ya muchos años, dos señores barbudos, que de comunismo algo sabían, dejaron escrito una frase que asemeja, que muchos olvidaron o quizás nunca aprendieron: «Los comunistas apoyan en todas partes cuantos movimientos revolucionarios se formulen contra el régimen social y político imperante». Ninguna diferencia táctica puede ser óbice para que los distintos partidos y organizaciones comunistas no ejerzan la solidaridad con los luchadores del proletariado. El ejercicio de la solidaridad con los comunistas, y demás antifascistas represaliados por la burguesía, es un deber moral y político de cualquier organización que se diga comunista así como de cualquiera comunista sin partido. Que nadie lo dude, el silencio es complicidad.Los mecanismos de justicia no los podemos controlar. Permanecen, por ahora, en las manos de la burguesía. Aunque llegará el día, echando mano de otro poema de Manuel, en el que pongamos «a caminar a los implacables e impasibles batallones de la vengativa justicia!» De la justicia proletaria, de la justicia de clase, que barrerá de esta tierra a ese desecho de la historia que es la burguesía.¡Libertad Arenas!


-------------------------------------------------------------------

Non podemos calar. Non, os comunistas non podemos calar o que este estado burgués leva facendo con Manuel Pérez Martínez, Camarada Arenas, Secretario Xeral do PCE(r). Dos últimos 30 anos, leva 17 encarcerado. Prisioneiro con Franco, con Suárez, con González, con Aznar e agora con Zapatero. A presunción de inocencia liquidada, o mesmo que a irretroactividade das leis. A ausencia de probas tan só é un pequeno detalle sen a máis mínima importancia. Unha morea de sumarios arquivados por falta de probas, uns cantos máis con resultado de absolución, tanto lles ten. O último capítulo deste esperpento criminal é a anulación que o Tribunal Supremo, en abril deste ano, facía dunha sentencia absolutoria da Audiencia Nacional de hai un par de anos. Condenan a Arenas a 7 anos por «non denuncia e omisión de delito». Tan evidente é o despropósito legal que un maxistrado participante na farsa viuse obrigado a emitir un voto particular contra o fallo: «A miña discrepancia coa maioría fúndase: a) en que os feitos descritos na sentenza de instancia, non só non prestan base á hipótese acollida na sentenza de casación, senón que incluso conteñen elementos que abertamente a contradín; e, b) en que esa hipótese non foi levada a xuízo nos seus propios termos. Por todo, non cabe facela valer sen que padezan o principio acusatorio e outros principios». Unha auténtica vergonza de sentenza que non é máis que outro crime contra o proletariado. «Illade a este home. Defende con fanatismo a súa dignidade. É perigoso». Así escribía o propio Manuel no clandestino verán de 1990. É iste o cerne do problema. Estamos ante unha persoa comprometida co comunismo que, na súa xa dilatada vida política, non renunciou nin un chisco aos ideais revolucionarios. Que non descendeu polos traidores chanzos do revisionismo. Que nunca se vendeu nin vendeu aos seus. Que endexamais agachou a cabeza ante o inimigo de clase. Malia estar enfermo (sen recibir o tratamento que precisa), o Manuel non cede. Ten o corazón como o aceiro. Como o aceiro que o obreiro golpea no estaleiro. Hai xa moitos anos, dous señores barbados, que de comunismo algo sabían, deixaron escrito unha frase que semella que moitos esqueceron ou quizais nunca aprenderon: «Os comunistas apoian en todas partes cantos movementos revolucionarios se formulen contra o réxime social e político imperante». Ningunha diferenza táctica pode ser óbice para que os distintos partidos e organizacións comunistas non exerzan a solidariedade cos loitadores do proletariado. O exercicio da solidariedade cos comunistas, e demais antifascistas represaliados pola burguesía, é unha obriga moral e política de calquera organización que se diga comunista así como de calquera comunista sen partido. Que ninguén o dubide, o silencio é complicidade. Os mecanismos de xustiza non os podemos controlar. Permanecen, por agora, nas mans da burguesía. Aínda que chegará o día, botando man doutro poema do Manuel, no que poñamos «a camiñar aos implacábeis e impasíbeis batallóns da vingativa xustiza!» Da xustiza proletaria, da xustiza de clase, que varrerá desta terra a ese refugallo da historia que é a burguesía. Liberdade Arenas!

1 comentario:

Varias opiniones dijo...

Todo o meu apoio para ese grande COMUNISTA que é o Camarada Arenas!!
Digamolo ben forte, non é un terrorista, É UN COMUNISTA!! CO-MU-NIS-TA!!
LIBERDADE CAMARADA ARENAS!!!!
Xosé

¡Solidariedade activa cos comunistas presos polo estado asasino!
¡Liberdade ARENAS!
Andrés

Apoio inteiramente as denúncias que são feitas no vosso artigo,desmascarando a falsa "democracia" existente,bem como a repressão fascista que se abate sobre os comunistas e sobre todos aqueles que de uma ou outra forma lutam contra a exploração capitalista,e põem em causa o próprio capitalismo.
Em breve esta vossa iniciativa será públicada em "alutaoperaria.wordpress.com"
Libertação imediata para todos os presos politicos anti-fascistas e comunistas!
Liberdade para Manuel Pérez Martínez (ARENAS)!
Viva o Comunismo
Saudações Comunistas
J.M.Luz